Evaporador

Evaporadores inundados para amoníaco en cámara frigorífica para froitas.

Un evaporador é un intercambiador de calor no cal se produce a transferencia de enerxía térmica dende o medio a arrefriar ata o fluído refrixerante que circula no interior do refrixerador. O seu nome procede do cambio de estado sufrido polo refrixerante ao recibir esta enerxía, logo dunha brusca expansión que diminúe a súa temperatura. Durante o proceso de evaporación o fluído pasa do estado líquido ao gasoso.

Os evaporadores atópanse en todos os sistemas de refrixeración como neveiras, equipos de aire acondicionado e cámaras frigoríficas. O seu deseño, tamaño e capacidade depende da aplicación e carga térmica de cada uso.


Developed by StudentB